Que pasedes un verán de película!

 

Con esta entrada despedímonos ata a volta de vacacións, pero antes deixamos algunhas suxestións sobre cine para o voso tempo de lecer:

 

 Seguro que xa fostes ver a nova versión de Robin Hood. Para saber mais sobre o Rei Ricardo Corazón de León , os seus irmáns e a súa nai, Leonor de Aquitania, aquí tedes todo un clásico,  “El León en invierno”, dispoñible nos fondos da nosa bilioteca.

 

 

Tamén nos nosos andeis podes atopar outras dúas películas que de seguro chegarán a ser outros dous clásicos: “Gran Torino” mais “El secreto de sus ojos”.

 

 

 

E se sodes dos que lles apetece comparar o libro coa película, tamén tedes ó voso dispor a historia de “Jane Eyre”, en novela e DVD.

 

 

 

 

¡Vémonos á volta de vacacións!

 

 

Anuncios

Día das Letras galegas 2010

Achégase a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado iste ano ó poeta Uxío Novoneyra.(Parada do Courel 1930-Santiago de Compostela 1999).
Biografía do autor:
Novoneyra é un dos grandes nomes da poesía contemporánea en lingua galega. A súa obra está enraizada na tradición e no popular. Fillo dunha familia de labregos, naceu na montaña lucense e ista terra será o principal referente físico para os seus versos, ofrecendo unha innovadora visión da paisaxe dentro da literatura galega.
De estudante en Lugo, conoceu a Manuel María e ámbolosdous frecuentaron o trato de intelectuales da anterior generación, como Luis Pimentel, Anxel Fole, Celestino Fernández de la Vega o Ramón Pilñeiro.

Con 19 anos, Novoneyra trasladouse a Madrid, onde se matriculou na facultade de Filosofía e Letras e regresou en 1951 para facer o servicio militar. Entre 1953 e 1962 voltou ó Courel, obligado por unha pleuresía que o tivo ó borde da morte.
En 1962,o poeta traballou en Madrid en programas de radio e televisión e participou en algunha das actividades do grupo Brais Pinto ata o seu regreso ó Caurel.

En 1973 casou con Elba Rei, coa que tivo tres fillos que residían entre O Courel e Lugo. Afíncase definitivamente en Santiago en 1983, cidade desde a cal exerceu como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, ata a súa morte en outubro do ano 1999.

Obras:
Desde a publicación do seu libro “Os Eidos” en 1955, a súa obra converteuse nun punto de referencia inevitable para a literatura galega.
Ademais dese libro cómpre sinalar os seguintes poemarios:
“Elexías do Caurel e outros poemas”, en edición bilingüe en 1966; “Os Eidos-2” en 1974; “Poemas caligráficos” en 1979;”Os Eidos, Libro do Courel” (Xerais 1981,2010);”Muller para lonxe” que reúne poemas de amor xa publicados e outros inéditos, ilustrados con dibuxos de Carlos Pardo Teixeiro e un epílogo de Claudio Rodríguez Fer; “Do Courel a Compostela 1956-86” en 1988; “Tempo de elexía” en 1991; “Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras” en 199; “Poema dos Carneiros” en 1998; e “Arrodeos e desvíos do camiño de Santiago en outras rutas” en 1999.
Asimesmo é coautor dos libros “Camelio xaponés”(1995) e “Onde só queda alguén pra aguantar dos nomes” (1999).
Asúa visión da poesía déunola en “Dos soños teimosos” (1998).
Tamén é autor de tres libros destinados aos lectores infantís: “No cubil do xabarín” (1991), “Gorgorín e cabezón” (1992) e “Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín” (1998).

As nosas recomendacións no Día do Libro

23 de abril: ¡Día do libro!
Nesta entrada facémosche algunhas propostas para que celebres esta xornada gozando da lectura

NOVIDADES en LINGUA GALEGA

Unha novela histórica neste Ano Santo:
Marcos S.Calveiro“Festina lente “

Outro título que che poden interesar
Xose-Henrique Costas (Coord): 55 mentiras sobre a lingua galega. Edit. Laiovento
Suso de Toro: Sete palabras. Edit. Xerais
Manuel Rivas: Episodios galegos. Edit. Xerais
X. Lois García Fernández: Uxío Novoneyra.Revisitado. Xerais.(Ensaio sobre a vida e obra do poeta ao que se lle adica a edición do 2010 das Letras galegas).
NOVIDADES EN CASTELÁN
Por unha banda deixamos aquí unha das listas dos mais vendidos:
Arturo Pérez Reverte: El asedio. Edit. Alfaguara
Matilde Asensi. Venganza en Sevilla. Edit. Planeta
Julia Navarro: Dime quién soy. Edit. Plaza&Janés
F. Moccia: Perdona, pero quiero casarme contigo. Edit.Planeta

Gibbons, Estela: La hija de Robert Potse

Punset, Eduardo: El viaje al poder de la mente: los enigmas mas fascinantes de nuestro cerebro y del mundo de las emociones.

… E COMO SABEMOS QUE SODES MOI AFECCIONAD@S ÓS TEMAS DE AVENTURAS E SUSPENSE, DESTACAMOS ESTES LIBROS
M. Stiefvater. Temblor. Edit. SM
Grace é unha moza que estivo a piques de morrer atacada por unha manada de lobos, mais un deles, de intensos ollos amarelos, salvouna.

Anos despois Grace coñece a un mozo chamado Sam. Un mozo normal non sendo pola extraña cor amarela dos seus ollos…

EL MAGO de SCOTT, MICHAEL
ROCA EDITORIAL DE LIBROS 2008

Nicholas, Sophie, Josh y Scatty van correr aventuras e fuxir dos seus enimigos para poder devolver a Perenelle o “Libro de Abraham El Mago” , antes de que perda tódolos seus poderes e as temidas profecías cheguen a facerse realidade.

EL LADRON DEL RAYO de RIORDAN, RICK
SALAMANDRA (PUBLICACIONES Y EDICIONES SALAMANDRA, S.A.) 2009

A novela na que está baseada a película do mesmo nome. Nela nárranse as aventuras de Percy Jackson, un rapaz disléxico e con problemas no colexio, que remata por descubrir que é un semideus que ten que axudar a Zeus a recuperar o seu raio roubado. Deste xeito comezan unha serie de aventuras dese mundo segredo que os antigos deuses gregos teñen recreado ó noso redor en pleno século 21.

LEMBRANDO A SALINGER

O pasado 27 de xaneiro finou o escritor Jerome David Salinger, ós 91 anos de idade.

Salinger consagrouse como escritor a nivel mundial coa súa novela O vixía entre o centeo, publicada en 1951, obra que ten por persoaxe central ó adolescente Holden Caulfield. O linguaxe provocador, a rebeldía adolescente e a crítica á hípocresía da sociedade fan que esta novela aínda manteña sabor de actualidade. Outras obras do autor, publicadas nos anos 50 e 60 son Nine Stories (Nove contos) en 1953 Franny y Zooey, Raise High the Roof Beam, Carpenters and Seymour: An introduction (Levantade, carpinteros, a viga do tellado, e Seymour: unha introducción), protagonizados pola atípica familia Glass.

Se queres formar parte dese nutrido grupo de persoas que durante xeneracións ten saboreado a obra de Salinger, recorda que na nosa biblioteca de Teis podes atopar exemplares dispoñibles de O vixía entre o centeo en lingua inglesa, galega, castelá .

Para ver máis vídeos sobre Salinger, preme, ao finalizar, nos vídeos relacionados.

Recomendacións de Biblioteis para o nadal 2009

Para acceder á información, preme aquí

Publicado en Recomendacións de lecturas. Comentarios desactivados en Recomendacións de Biblioteis para o nadal 2009