Enigma resolto

Hoxe tivo lugar o concurso da Busca do Enigma.

Participaron 10 grupos de alumnos dos cursos de 1º,2º e 3º da ESO

Despois de nomear a súa capitana ou capitan, tiveron que ir superando distintas probas polo recinto do instituto ata chegar á pista final na Biblioteca.

Parabéns para o  grupo 2 ,  que  foi o que consegui dar coas pistas correctas e facerse co premio

Felicitacións tamén ós demais participantes, que entrarán nun sorteo de agasallos, que serán entregados na festa do día 28

Xoves 6 de maio: Tod@s a resolver enigmas!!!

  Como xa sabedes, neste curso estamos no 25 Aniversario do IES de Teis, e estamos a celebralo con distintas actividades especiais.

O vindeiro xoves 6 de maio, entre as 10:40 e as 11:45 horas, celebraremos por fin o concurso “NA BUSCA DO ENIGMA”.

Participarán equipos de 5 persoas, do alumando da ESO. Terán que loitar por atopar tódalas pistas espalladas polo instituto, e atopar a resposta a este enigma no menor tempo posible.

Animo a tódalas persoas que ides participar, e xa nos contaredes nos vindeiros días que tal vos foi.