Xa era tempo de falar de Miguel Hernández!

MIguel HernándezLevamos 6 meses do ano do Centenario do seu nacemento, e aínda non lle tiñamos dedicada ningunha entrada.

Hoxe aproveitamos para invitarvos a  vir pola biblioteca a ler algunha das súas obras.

Xa vos terán falado en clase da altura  artística e humana deste autor, pero para aquelas persoas que precisen refescar un chisco a súa memoria , aqui deixamos unha breve biografía.

 

 

 

 

 

MIGUEL HERNANDEZ.  BIOGRAFÍA

Orihuela , Alacante (1910-1942). Naceu nuha familia adicada ó gando. Cando ten 15 anos, a intención do seu pai é que deixe totalmente os estudos e se adique ó oficio de pastor, pero Miguel consigue seguir vinculado dalgún xeito ós estudios, e simultanea o oficio de pastor coa escritura dos seus primeiros poemas.A súa vocación literaria levouno a ler os clásicos españois e entrar no círculo do Radical, con Ramon Sijé, con quen tiña unha grande amizade. Tras publicar algúns poemas no periódico de Orihuela e en revistas, en 1933 apareceu o seu primeiro libro, ” Perito en lunas”, cun estilo característico que calou en certos sectores da crítica e literatura da época. En 1934 trasladouse a Madrid, non sen pasar dificultades ó principio, e publicou, na revista ” Cruz y Raya”, o seu auto sacramental “Quien te ha visto y quien te ve y sombra de lo que eras”. En 1935 apareceu “El rayo que no cesa”, integrado principalmente polos sonetos escritos segundo as formas clásicas do século de ouro. Ó iniciarse a Guerra Civil española, Hernández uniuse ó Partido Comunista e ingresou no exército republicano. Durante a guerra, a súa produción poética tivo un carácter marcadamente político, incluso de propaganda: “Viento del pueblo” (1937) , “El hombre acecha”(1939) e “El labradror de más aire”. Ese mesmo ano, casou con Josefina Manresa, e durante a guerra, participaron en actividades de esquerda anti-fascista e comunista internacional. Coa vitoria do bando nacional, o poeta foi condenado á morte, pena que foi conmutada para trinta anos. No seu paso por varios penais, foi compoñendo o seu “Cancionero y romancero de aisencias”(publicado postumamente en 1958).Morreu de tuberculose na cadea de Alacante, en 1942.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: