Hoxe tivo lugar o concurso da Busca do Enigma.
Participaron 10 grupos de alumnos dos cursos de 1º,2º e 3º da ESO
Despois de nomear a súa capitana ou capitan, tiveron que ir superando distintas probas polo recinto do instituto ata chegar á pista final na Biblioteca.
Parabéns para o grupo 2 , que foi o que consegui dar coas pistas correctas e facerse co premio
Felicitacións tamén ós demais participantes, que entrarán nun sorteo de agasallos, que serán entregados na festa do día 28


